Jose Cabalar's profile

No confín dos verdes castros

Agardo a vinganza do mar na avenida Atlántica de Manuel Rivas, ese mar volvéndose con ollos de tolo cara terra, o mar barbullando no oco negro dos sartegos, o mar chamando ás portas da cidade.
Son fotoxornalista ao pé da Torre de Hércules. A primeira luz dos galegos. Luz da esperanza e do adeus. A súa mirada acompañou a quen embarcou a horizontes incertos. E desde este punto até Fisterra hai un inmenso cemiterio mariño. Unha costa que unhas veces pode ser unha tobeira, un humilde e bravo niño de pescadores no feroz Atlántico. Outras, unha explosión de primavera e fecundidade. O océano é cobizoso e prefire aos percebeiros valentes. Polas veas dalgún corre auga salgada.
Néboa. Peneira de rumorosos.
Entroido, do latín 'introito'. Entrada a unha nova vida. 
Atmósfera rural.
A metáfora do deserto verde.
No confín dos verdes castros
Published:

No confín dos verdes castros

Published:

Creative Fields